viernes, 23 de diciembre de 2011

23.12.11

E ás veces pensas, que a vida non te quere. Qe só tes unha opción posible. Pois equivócaste, demasiado diria eu. Porque a vida, proporcionanos diferentes opcións, diferentes camiños, só para ter diversos finais. A vida ás veces, axúdanos, outras, odianos, outras, querenos, e outras fainos sufrir ou amar con toda a alma. Todas as cousas ocorren por unha razón. Todas ocorren porque teñen que ocorrer. Tal vez, ocorren para que nos deamos conta da pura realidade e para que non pensemos que vivimos nun conto de fadas e princesas. Ocorren para facernos máis fortes e logo soportar situacións peores. Ocorren para que sepamos, que non todas as persoas somos iguais, que non todas buscamos o ben, senon que hai algunha que nos pode ferir, no máis profundo do noso corazón. Podemos ferir, nun organo que logo non se rexenera. Nun  órgano, no que sempre, sempre, vai quedar marcada esa dor. Nun órgano, que pode querer, pero non ser correspondido. Nun órgano, no que, ao mentir, se lle fai unha ferida. E as feridas co tempo cicatrizan e ao cicatrizar poden doer máis ou menos. E esta ferida, agora sangra, por dor.