sábado, 30 de junio de 2012

Non son musa de ninguén;

pero tampouco pretendo selo. Non me gusta inspirar a ninguén por iso me inspiro a min mesma. Recordo esas noites nas que o cheiro dun pitillo apagado cubría a miña habitación para olvidarme do teu aroma. Nas que cada bágoa que paseaba polas miñas meixelas fora un bico que marcara o noso amor. Non me gustaban aquelas noites cun silencio incómodo no que ningún sabiamos que dicir para rompelo, ás veces era agradable, outras semellaba algo máis que insoportable. O mellor era cando todo aquilo que sentiamos se cubria de bicos que nos deixaran secos os beizos.
PD: AM

miércoles, 23 de mayo de 2012

Romper

Espertou coma un día calquera. Pero ela sabía que non ía ser igual aos demais. Ergueuse aínda con restos da tristeza do día anterior. Tiña os ollos vermellos e restos do rímel neles, chorara toda a noite anterior pero iso déralle para pensar moito tempo. Decidira cambiar todo o mundo. Ás veces as persoas, somos o ser máis horrible do mundo enteiro e deso derase conta.

miércoles, 16 de mayo de 2012

un derradeiro suspiro cheo de morriña.

Podo escribir unhas liñas cos meus últimos folgos antes do meu derradeiro suspiro, pero non sería o suficiente para mostrar o sentimento amargo do meu corazón. Escribiría pedindo acabar coas inxustizas do mundo pero sei que é escribir en vano unhas palabras que non cambiarian nada de maneira universal. Quizáis debería comenzar por loitar polo que me corresponde e defender a miña propia maneira de pensar. Eu ben sei que estes secretos que se gardan nas entrañas do meu cerebro son como as penas dun emigrante cando deixa a súa terra.

A vida ensina moitas cousas, pero non as solemos apreciar;

Nun glorioso día, envolta por un silencio de aceiro, encamiñouse ata a ventá e impulsouse. Quería ser libre por unha vez, sen atadura nin barreiras. Quería sentirse libre como un paxaro en pleno voo.

martes, 13 de marzo de 2012

LOITA POR UN FUTURO MELLOR

En pleno século XXI, que acusen a compañeiros do meu colexo, de xenófobos, sen ter unha razón xustificada parece indignante. Denunciar a alguén ante o Valedor do Pobo por expresar unha opinión non ten prezo. Nunha xeración que supostamente está mellor preparada que as anterior, xeracións máis modernas que deberían entender que dereito de liberdade de expresión que temos todas e cada unha das persoas deste mundo é libre, que non poden acusar de talibáns lingüísticos a uns estudantes, creadores dun manifesto no que se opinan as súas opinións e moito menos, xuzgalos como persoas, se non os coñecen. Porque poden ser mellores persoas, menos, pero nunca en ningún momento discriminaron a ninguén polo simple feito de falar castelán, polo menos na miña presenza, porque eu non lles deixaría. Pero coñezoos e sei que non son capaz diso, porque sei que algúns deles só son galego falantes na escola, e xeralmente falan castelán porque os instruiron nese ámbito. Iso sí, eles sempre se sentiron orgullosos de ser galegos, a pesardes de falar castelán. A pesar de todo, sintense orgullosos de ser galegos.
Expresaron os seus pensamentos, sen ter medo a nada, só porque queren loitar por un futuro mellor, queren mellorar a situación do galego, queren fomentalo, queren que a súa situación cambie, e por iso como futuras persoas adultas deste país loitan polo que queren. LOITAN POLO SEUS DESEXOS, POLA SÚA LINGUA, POLA NOVA GALIZA, LOITAN POLO SEU FUTURO.