miércoles, 23 de mayo de 2012

Romper

Espertou coma un día calquera. Pero ela sabía que non ía ser igual aos demais. Ergueuse aínda con restos da tristeza do día anterior. Tiña os ollos vermellos e restos do rímel neles, chorara toda a noite anterior pero iso déralle para pensar moito tempo. Decidira cambiar todo o mundo. Ás veces as persoas, somos o ser máis horrible do mundo enteiro e deso derase conta.

miércoles, 16 de mayo de 2012

un derradeiro suspiro cheo de morriña.

Podo escribir unhas liñas cos meus últimos folgos antes do meu derradeiro suspiro, pero non sería o suficiente para mostrar o sentimento amargo do meu corazón. Escribiría pedindo acabar coas inxustizas do mundo pero sei que é escribir en vano unhas palabras que non cambiarian nada de maneira universal. Quizáis debería comenzar por loitar polo que me corresponde e defender a miña propia maneira de pensar. Eu ben sei que estes secretos que se gardan nas entrañas do meu cerebro son como as penas dun emigrante cando deixa a súa terra.

A vida ensina moitas cousas, pero non as solemos apreciar;

Nun glorioso día, envolta por un silencio de aceiro, encamiñouse ata a ventá e impulsouse. Quería ser libre por unha vez, sen atadura nin barreiras. Quería sentirse libre como un paxaro en pleno voo.